Unha condutora de 60 anos, ferida de gravidade ao impactar contra unha farola en Curro
Por Redacción
Unha muller de ao redor de 60 anos resultaba ferida de gravidade por traumatismo torácico ao perder o control do seu vehículo e impactar contra un farol fronte á gasolineira de Curro, na PO-531, no concello de Barro durante a tarde deste xoves 18.
Foi necesaria a intervención dos Bombeiros do parque do Salnés para rescatar a muller que se quedou atrapada no interior do turismo, un Peugeot 205, que quedou destruído polo impacto.
A condutora, única ocupante do vehículo, foi trasladada a un centro hospitalario de Pontevedra. Ata o lugar desprazouse unha ambulancia de Urxencias Médicas ademais da Garda Civil de Tráfico e membros da agrupación de voluntarios de Protección Civil de Barro.