Ferido un home nunha colisión rexistrada en Poio
Por Redacción
Un home duns 41 anos de idade, coas iniciais J.L.B., resultou ferido nun accidente rexistrado este mércores debido a unha colisión por alcance acontecida en Poio.
Segundo informou o Centro de Atención de Emerxencias 112, o sinistro tivo lugar sobre as 9,00 horas na estrada de PO-308 entre Pontevedra e Sanxenxo.
Foron mobilizados a Garda Civil de Tráfico, a Policía Local e Protección Civil, así como o 061, que desprazou ao lugar unha ambulancia asistencial para trasladar o ferido ao Hospital Domínguez.