Denuncian o "amiguismo" na repartición de produtividades da Subdelegación do Goberno
![Oskar](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/b40/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/573b7bbf54-perfil.jpg)
Por Oskar Viéitez
A Xunta de persoal da Administración Xeral do Estado na Provincia de Pontevedra, informou que esta recibindo "queixas continuas dunha ampla maioría de funcionarios" pertencentes á Subdelegación do Goberno, relacionadas coa repartición de produtividades que se distribúe nesta institución, "especialmente entre algún alto cargo".
A Xunta de Persoal considera "desacertada" a postura adoptada por parte da devandita institución, entendendo que a non existencia dun sistema trasparente no establecemento de criterios obxectivos obedece a unha "política clientelar e de amiguismo na que só se ven favorecidos uns poucos".
Entre o aumento de produtividades "para uns poucos", destaca especialmente a Xunta de persoal que neste último trimestre, cando simultaneamente existen funcionarios que non perciben remuneración ningunha por este concepto, houbo un incremento superior ao 30% do secretario xeral da Subdelegación do Goberno, cobrando un total de 800 euros mensuais por este concepto.
Dende a Xunta de Persoal cualifícase este feito como algo "totalmente indecoroso, especialmente despois de recortar da forma como se fixo, os soldos da maioría dos funcionarios".
De conformidade coa información obrante nesta Xunta de Persoal, este responsable, encargada da repartición de productividades na Subdelegación do Goberno, "se auto concedeu entre un 6 e un 7% do total da devandita partida presupostaria, asignándose o que podería corresponder a un total de 25 funcionarios nunha repartición lineal".
Por este motivo os membros da xunta mantiveron entrevistas co subdelegado do Goberno e o secretario xeral, trasmitiendo estas queixas e descontento e poñendo de manifesto a "falta de criterios obxectivos" que avalíen a distribución das produtividades, producíndose por parte dos máximos dirixentes da devandita institución un "rexeitamento total a variar calquera aspecto que afecte aos criterios de repartición", segundo informaron dende a xunta de persoal.
Ante este escenario levouse a cabo unha recollida de firmas nas que se manifesta o malestar xerado por esta forma de actuar, cunha participación elevada dos empregados que dependen da Subdelegación do Goberno de Pontevedra.