San Miguel de Deiro estrea o seu monumento á burra
Por Redacción
Unha escultura dunha burra, a tamaño natural e elaborada en granito silvestre de Lalín, loce no Campo da Festa de San Miguel de Deiro, en Vilanova de Arousa.
Trátase dun monumento elaborado pola Escola de Canteiros, dependente da Deputación, e que serve de homenaxe a unha das tradicións máis arraigadas e emblemáticas desta parroquia, como é a carreira de burras de San Roque do Monte.
O presidente da intitución provincial, Rafael Louzán, e o alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, participaron no acto de inauguración deste monumento, co que o Concello, a Asociación Cultural Amigos da Música e os veciños de Deiro queren render homenaxe a todas as burras e xinetes que ao longo dos anos participaron nesta celebración, que terá lugar o vindeiro luns.
A escultura inaugurada o sábado no campo da festa representa a unha burra de 1,80 x 2 x 0,60 metros, de pé sobre un pedestal tamén de granito.