Coñece vostede algunha focha? Denúncieo
![Oskar](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/b40/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/573b7bbf54-perfil.jpg)
Por Oskar Viéitez
O concelleiro de Obras e Infraestruturas de Sanxenxo, Tino Sanmartín, adiantou que o departamento que dirixe emprenderá a próxima semana un novo plan de bacheado de vías municipais.
Segundo explicou o edil, estes labores realízanse en dúas ocasións cada trimestre en virtude dun convenio subscrito pola Administración local coa Mancomunidade do Salnés, que facilita a maquinaria necesaria para executar estes traballos, mentres que o Concello de Sanxenxo achega o persoal e o material preciso.
Por este motivo, Sanmartín Quiñones solicita aos veciños deste concello que dean parte á Concellaría de Obras daquelas fochas que detecten nas estradas para así poder emendalos coa maior celeridade posible.