O lama de Poio, Rinchen Gyaltsen, será recibido no Grove
Por Redacción
O lama Rinchen Gyaltsen, cuxos pais son naturais de Poio, visitará este sábado O Grove, onde será recibido na Sala das Cunchas polo alcalde da localidade, Miguel Ángel Pérez, e impartirá unha conferencia.
A xornada consta tamén dunha visita turística pola localidade, o percorrido por parte da Ruta de sanación holística, a recepción oficial e unha comida de confraternidade.
O lama foi invitado polo colectivo Taller de Meditación O Grove para impartir unha conferencia sobre filosofía budista tibetana, as súas orixes e a situación actual do Budismo.
A charla está aberta ao público en xeral, que incluirá a súa disertación sobre temas como a súa traxectoria relixiosa.
Aínda que os seus pais son galegos, Rinchen Gyaltsen naceu en Uruguai, e é mestre residente do Centro Internacional de Ensinanzas Budistas en Denia, Alicante.