Pesar no PP de Pontevedra polo falecemento de Isidro Lago Quinteiro
Por Redacción
O Partido Popular mostrou o seu pesar polo falecemento de Isidro Lago Quinteiro, quen foi Tenente de Alcalde da nosa cidade entre 1983 e 1987. Militante histórico desta formación, Isidro Lago sempre estivo ligado activamente ó partido.
O seu pasamento supón unha importante perda para a familia do Partido Popular de Pontevedra.
Este mércores, o presidente do Partido Popular de Pontevedra transmitiu persoalmente o seu pésame á familia do finado. En sinal de loito, Jacobo Moreira tomou a decisión de adiar para o próximo luns o Comité Executivo, que se ía celebrar mañá xoves.