![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/b8c/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjawUqrKz891Lsov0DGzMN_/_AxNjDQSU7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/53f30ea480-capturapantallabandonoperracambados1.jpg)
© Youtube Refugio Animales Cambados
Recoñécelo? Un home tirou unha cadela preñada por enriba do enreixado do Refuxio de Cambados
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Con paso lento, agachando a cabeza e tapado cunha carapucha. Así chegou un home ao recinto de Refuxio de Animais de Cambados o día 14 de agosto. Unha cámara de seguridade rexistrou esta chegada e agora permite empezar a buscalo como o responsable de ter abandonado unha cadela preñada tras tirala a través do enreixado de entrada.
O Refuxio de Animais de Cambados colgou en Youtube o video da cámara de seguridade e pide axuda para localizar o home que o protagoniza. Nas imaxes vese como se achega, escala a través do enreixado e, unha vez arriba, deixa caer a un can. O animal resultou ser femia e estar embarazada.
O colectivo cambadés bautizou a cadela abandonada como Etnia e pide colaboración da cidadanía para intentar recoller pistas e recoñecer o responsable do abandono ou ao animal, do que publican imaxes na súa páxina de Facebook. Están convencidos de que o encapuchado se ocultou a propósito porque sabía que nas instalacións hai cámaras de seguridade.