Aumenta lixeiramente o número de doadores durante 2014
Por Redacción
O número de doadores aumentou un 3% (60 fronte a 58 en 2013) durante os sete primeiros meses deste ano, segundo os datos ofrecidos polo Sergas. Desta forma, mantivéronse as cifras de transplantes en valores similares ao ano anterior.
En relación coa doazón da medula ósea, o 1 de agosto xa se alcanzou a mesma cantidade de doadores que en todo 2013, superando as 600.
A 1 de agosto do presente ano, en Galicia hai 95.939 persoas que manifestaron a súa vontade de ser doadores facéndose o carné. Desa cifra, 38.063 correspóndense á provincia de Pontevedra, 10.415 son cidadáns de concellos que forman parte da estrutura organizativa de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, e 3.113 ao concello pontevedrés.
En Vilagarcía, tamén se ofrecen datos solidarios xa que no mes de agosto se bateu a súa propia marca de doazón de sangue, logrando as 160 unidades nun fin de semana, con 20 novos doadores rexistrados durante esta campaña. A unidade móbil do centro de Transfusións de Galicia a Vilagarcía regresará en setembro, un mes no que aínda seguirá sendo necesario obter reservas de sangue.
Por outra parte, o Hospital Provincial de Pontevedra acolle a exposición itinerante do IV concurso de debuxo e lemas para escolares relacionado coa doazón e os transplantes. A exposición trasladarase a próxima semana ao Hospital do Salnés.
Relacionadas:
-
O CHOP realizou dez trasplantes de medula ósea en Pontevedra durante 2014
Por Redacción |
-
De Tui a Santiago, 120 quilómetros correndo para concienciar sobre a doazón de medula ósea
Por Redacción |
-
"La gente sigue creyendo que si te haces donante de órganos te van a matar antes"
Por Mónica Patxot & Oskar Viéitez |