Deteñen en Pontevedra un madrileño ao que estaba a buscar un xulgado catalán
Por Redacción
A Policia Nacional detivo en Pontevedra un veciño de Madrid de 43 anos sobre o que ditara unha orde de busca e detención un xulgado catalán.
Os feitos producíronse sobre as 10.00 horas da mañá do xoves no ámbito da praza da Estrela. O home estaba acompañado de persoas que habitualmente se concentran nos Soportais da citada praza e os xardíns de Casto Sampedro cando chegou unha patrulla policial, os identificou a todos e acabou deténdoo a el.
Os policías puideron comprobar, ao identificalos a todos, que un deles tiña en vigor unha orde de detención ditada por un Xulgado de Barcelona por un delito de roubo con violencia. Trátase dun veciño de Madrid ao que detiveron nese momento.
O home foi posto xa a disposición do Xulgado de Garda de Pontevedra.