A Plataforma Non Crematorios Pontevedra Leste asistirá ao pleno a pesar de negárselle a intervención
Por Redacción
A Plataforma Non Crematorios Pontevedra Leste (San Amaro, AParda) anuncia que se presentará este luns 21 no pleno da corporación municipal de Pontevedra que se celebra no Teatro Principal para trasladar as súas inquietudes e dúbidas acerca da instalación do crematorio nesa zona da cidade. A pesar de recibir unha negativa expresa por parte do Concello para participar no pleno, o colectivo afirma que terá que ser o presidente do pleno o que lles prohiba falar, en referencia ao alcalde de Pontevedra.
A Plataforma lamenta que tras solicitar a intervención no pleno, dende o Concello se rexeita esta petición alegando que o colectivo non se encontra rexistrado entre as asociacións municipais. Os representantes veciñais denuncian que o único que pretenden dende o goberno local é calar a este colectivo. No escrito remitido polo Concello indícaselles que o tema dos crematorios está "suficientemente debatido, informado e tratado".
Ante esta situación, dende o grupo veciñal pregúntase por que non responden ás alegacións presentadas por máis de 700 veciños e sinalan que o expediente de Funespaña carece de Avaliación de Incidencia Ambiental por parte da Consellería de Medio Ambiente. Dende a Plataforma pregúntanse os motivos polos que o goberno local ocultou esta información.
Relacionadas:
-
A Plataforma Non Crematorios interrompe o pleno de Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
O Concello cre que Funespaña renunciará ao seu crematorio
Por Oskar Viéitez |
-
'Non crematorios' reprocha a Lores que "una persona que representa a un grupo asambleario se niegue al diálogo"
Por Natalia Puga |
-
A Xunta afirma que non lle corresponde fixar a distancia mínima para separar os crematorios das vivendas
Por Oskar Viéitez |