Un atropelo no apeadoiro do campus obriga a interrumpir unha hora os trens entre Santiago e Pontevedra
Por Redacción
A circulación ferroviaria entre Pontevedra e Santiago de Compostela restableceuse despois de estar interrompida durante preto dunha hora, despois de que un tren atropelase unha persoa a primeira hora desta mañá.
O suceso tivo lugar pouco antes das nove da mañá. A vítima, que faleceu no acto, cruzou a vía nas inmediacións do apeadeiro do campus universitario.
Nese momento, pasaba un tren de media distancia que circulaba en dirección Vigo e que saíra da Coruña ás 6.57 horas.
O Centro de Seguridade de RENFE mantivo cortado o tráfico ferroviario mentres non se despexou a vía. O tren non continuou o seu traxecto ata pasados 48 minutos. Non foi necesario activar un plan de transporte alternativo para os seus viaxeiros ou para os que esperaban na estación pontevedresa.
Ata o lugar do accidente desprazáronse efectivos de Policía Local, Policía Nacional, Protección Civil e Urxencias Médicas de Galicia-061.
A Policía analiza as causas do suceso.