Os policías de Poio descartan exceso de celo nas súas multas por virar a cabeza 45 grados
Por Oskar Viéitez
As denuncias axústanse ao reglamento establecido. Polo menos iso é o que entenden os dous axentes da Policía Local de Poio que incorporaron á comisión informativa aberta polo Concello a súa explicación de por que puxeron trece multas a condutores que circulaban pola PO-308 a pasada Semana Santa, por virar a cabeza máis de 45 graos "perdendo a visión sobre a vía".
Segundo informou o alcalde Luciano Sobral, os policías ratifican a legalidade das multas argumentando que estas se axustan ao código de circulación "os axentes ratificáronse na súa postura, entenden que as sancións se axustan ao código", apuntou o rexedor.
Un dos dous axentes xa se incorporou ao servizo activo tras estar de baixa máis dun mes por un accidente co coche patrulla. Aínda que o seu compañeiro de servizo segue de baixa tamén avalou as multas ante o goberno local e ante o xefe do corpo de seguridade, por escrito e telefonicamente.
Xunto ao dos axentes a comisión informativa recibiu o informe redactado pola empresa que xestiona a recadación das multas. Luciano Sobral explicou que tan só falta a interpretación do polémico artigo 18.1 do Regulamento de Circulación, solicitada á Xefatura Provincial de Tráfico.
Luciano Sobral indicou que as conclusións terán que esperar a que se solicite toda a información. Máis que nada tendo en conta que a aclaración da DXT perfílase como determinante nesta investigación para aclarar se houbo exceso de celo na actuación policial.
Relacionadas:
-
O Concello de Poio anulará as multas impostas a condutores por xirar a cabeza máis de 45 graos
Por Redacción |
-
A polémica polas multas "por xirar o pescozo" en Poio resolverase "en 15 días"
Por Natalia Puga |
-
A investigación das multas en Poio terá que esperar a que dean a alta aos axentes sancionadores
Por Oskar Viéitez |
-
O PP acusa o Goberno local de Poio de ser "cómplice" da Policía Local
Por Redacción |
-
A Policía Local de Poio multa a varios condutores por xirar o pescozo "máis de 45 graos" mentres conducían
Por Redacción |