A Garda Civil detivo un veciño de Poio polo roubo de colmeas
Por Redacción
A Garda Civil detivo a S.M.O.A., de 20 anos de idade e veciño de Poio, como suposto autor do delito de roubos de colmeas en distintas parroquias do citado municipio, perpetrados a finais do pasado ano 2013 e no mes de abril do ano en curso.
Compoñentes do Posto da Garda Civil de Pontevedra, que dende meses atrás viñan realizando investigacións sobre o esclarecemento destes roubos, localizaron tres explotacións apícolas nos montes dos municipios de Poio e Barro, comprobando que ningún destes asentamentos estaban rexistrados como tales e que algún dos caixóns que forman as colmeas coincidían coas denunciadas como subtraídas.
Recuperáronse as colmeas subtraídas e unha centrifugadora para a extracción do mel
Continuando coas investigacións os axentes do Instituto Armado puideron comprobar que os tres colmenares eran explotadas pola mesma persoa, polo que procederon á súa identificación e detención ao non poder acreditar a procedencia das colmeas e dunha máquina-centrifugadora para a extracción do mel que tiña instalado nunha nave industrial da súa propiedade, ademais de recoñecer a venda do mel producido a terceiras persoas.
Recuperáronse as colmeas subtraídas e unha centrifugadora para a extracción do mel.
O detido quedou en liberdade coa obriga de presentarse ante o Xulgado de Instrución número 1 de Pontevedra, onde foron entregadas as dilixencias instruídas, cando para iso sexa requirido.