Morre un bañista na praia de Cabeceira
Por Redacción
Un bañista faleceu afogado na praia de Cabeceira, en Lourido. Fontes do 061-Urxencias Médicas precisaron que os feitos tiveron lugar sobre as 13,00 horas. O home puido sufrir un esvaecemento cando se bañaba.
Segundo os datos do Servizo de Emerxencias-112 Galicia, outras persoas que se encontraban na praia sacaron da auga inconsciente a este home.
Precisamente foron outros bañistas que alertaron os servizos de emerxencia, ata o lugar desprazouse unha ambulancia medicalizada que o asistiu e practicoulle as manobras de reanimación cardiopulmonar sen que isto permitise salvarlle a vida.