Un home con orde de afastamento atropela dúas mulleres en Vilagarcía
Por Oskar Viéitez
Un home duns trinta anos de idade atropelou co seu coche dúas mulleres, de 41 e 21 anos de idade, pertencentes a unha familia coa que mantén unha profunda inimizade.
Sucedeu sobre as nove da mañá deste mércores na rúa da Bouza, no barrio da Torre, en Vilagarcía.
Segundo informou Protección Civil o vehículo arrastrou as dúas mulleres golpeándoas contra o muro da vivenda na que residen.
A Policía Local procedeu á detención do condutor, J.P.R. tamén veciño da zona, que tras arremeter as mulleres co seu coche se fuxiu, sendo interceptado minutos despois.
O home foi trasladado á Comisaría da Policía Nacional de Vilagarcía de Arousa onde se comprobou que ten denuncias por acoso e unha orde de afastamento das dúas irmás.
No lugar do suceso non se aprecian pegadas de freada polo que consideran que este foi intencionado.
As dúas mulleres encóntranse en observación no Hospital do Salnés. Segundo fontes hospitalarias a irmá maior foi ingresada con fracturas nunha perna e un forte traumatismo no ombro. En canto á moza de 21 anos foille diagnosticado un traumatismo cranial e presenta lesións en pernas e ombros.