Aturuxos na Alameda ao ritmo da muiñeira
Por Redacción
Ao ritmo compasado do en 6/8, miles de bailarins danzaron na Avenida de Montero Ríos ao son da muiñeira.
Este venres estivo dedicado ao máis popular dos bailes tradicionais galegos.
A xornada arrancou ás 19:30 coa concentración dos grupos participantes na Praza do Teucro. Dende alí partiu o desfile ata a Alameda onde os integrantes de Dúos Pontes puxeron a música e os pontevedreses se encargaron do baile e dos aturuxos.