Rematan os traballos de mellora do pavimento do vial de Punta Montalvo
Por Redacción
O Concello de Sanxenxo concluíu as obras emprendidas co obxectivo de mellorar o pavimento do vial a través do que se accede á zona sur de Punta Montalvo. A administración sanxenxina destinou a estes traballos unha contía superior aos 50.000 euros, presuposto que o concelleiro de Obras e Infraestruturas xestionou ante a Xunta de Galicia, obtendo o financiamento a través do programa de mellora de camiños de titularidade municipal da Consellería do Medio Rural e do Mar.
Segundo explicou Tino Sanmartín levou consigo a roza e limpeza das cunetas e das marxes do vial, a escavación en desmonte de áreas localizadas, a apertura de caixa da plataforma existente, a dotación de zahorra artificial e a subministración dunha capa de rodadura con mestura bituminosa en quente. E é que o firme da estrada dispoñía na maioría do trazado dunha capa de rodadura a base de mestura bituminosa en frío, alternando con franxas terrosas, pero foi necesario acometer o seu acondicionamento para preservar a seguridade dos seus usuarios.
Por ese mesmo motivo, o Concello de Sanxenxo instalará nos próximos días un valo metálico de protección, coñecida como bionda, na parte final do trazado.