Once persoas con parálise cerebral realizarán as probas de competencias clave para obter os certificados de profesionalidade
Por Redacción
Dez usuarios de ASPACE-Galicia (Federación Galega de Parálise Cerebral) realizarán este martes 27 de maio, as probas en competencias clave, que organiza a Consellería de Traballo e Benestar e que permiten acceder as persoas sen titulación á formación para o emprego asociada ao Certificados de Profesionalidade.
As probas darán comezo a partir das 10.30 horas na sede da Federación ASPACE-Galicia, no Centro Cultural de Santa María de Xeve.
Os usuarios da entidade terán que demostrar os seus coñecementos en lingua castelá, lingua galega, inglés e matemáticas. As competencias clave son contidos de formación básica que aseguran os coñecementos necesarios para acceder aos cursos de certificados de profesionalidade do Servizo Público de Emprego da Xunta de Galicia, que non podían cursar actualmente por non poder acreditar que dispoñen dunha formación básica para acceder aos mesmos.