Tráfico inicia unha campaña especial de vixilancia das motocicletas en estrada e vías urbanas
Por Redacción
Adiantamentos antirregulamentarios, non usar o casco, excesos de velocidade ou a ITV serán os aspectos nos que se centre a campaña especial de vixilancia sobre as motocicletas que este luns pon en marcha a Dirección Xeral de Tráfico en Galicia.
Os controis prolongaranse ata o vindeiro domingo 25 de maio prestando especial atención aos viais urbanos ante o crecente uso destes vehícules en cidade, para o que se contará co apoio e participación dos concellos e policía locais.
A campaña céntrase nos principais factores de risco nun medio de transporte que segue a contar cunha alta porcentaxe de ausencia do casco obligatorio en accidentes con falecidos ou feridos graves.
Segundo revela a Delegación do Goberno en Galicia, o parque de motocicletas na comunidade incrementouse nun 88% entre os anos 2003 e 2012.