Os veciños de Taboadelo inauguran o seu novo centro sociocultural
Por Redacción
A Comunidade de Montes de Taboadelo inaugurou este sábado as instalacións da antiga rectoral da parroquia, convertida agora nun centro sociocultural.
O ente comunal foi o encargado da reforma das instalacións grazas a un subvención de 30.000 euros do Concello de Ponte Caldelas.
O proceso de rehabilitación baseouse en recuperar o edificio co emprego de materiais nobres como madeira e a pedra tradicional adaptando a construción ás necesisdades do novo centro.
O acto de inauguración, que finalizou cunha merenda para todos os veciños, contou coa presenza do alcalde, Perfecto Rodríguez, e os portavoces municipais de PSOE e BNG.