Unha tarxeta identificará as empresas que ofrezan descontos ás Anpas de Poio
Por Redacción
As asociacións de nais e pais (Anpas) dos colexios de Poio puxeron en funcionamento unha tarxeta identificativa para todas empresas coas que chegaron a acordos para ter descontos nos prezos.
Preto de corenta empresas disponen do distintivo Beneficia-T.
Para o próximo curso os asociados terán unha tarxeta que deberán presentar nos comercios co carnet da súa Anpa para que poidan facerlle descontos nos establecementos.
Segundo explica Jorge Pérez, coordinador das Anpas, os de Poio son os primeiros de Galicia que teñen un distintivo que pretende axudar as familias e fidelizar as compras no comercio local.