Adianto da Feira da Xunqueira a este venres
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A concelleira de Promoción Económica, Carlota Román, pon en coñecemento dos vendedores e do público que a feira que se celebra todos os sábados na Xunqueira (rúa do Enxeñeiro Rafael Areses) adiántase a este venres, día 16 de maio.
Cúmprese así o previsto na Ordenanza Reguladora de Feiras e Mercados, que prevé o adianto á xornada anterior cando os días sinalados para a feira coincidan en festivo.