Cal é a fórmula para reinventar un destino turístico?
Por Redacción
Os retos e tendencias do turismo na era dixital, a creación de marca e a diferenciación hoteleira, as novas inclinacións na xestión de destinos e o papel que cumpren hoxe en día os produtos enogastronómicos como xeradores de valor, serán as áreas temáticas en torno ás que xirará a terceiro edición do Foro Turismo de Sanxenxo, que se celebrará no Auditorio do Pazo Emilia Pardo Bazán os próximos días 29 e 30.
Expertos de todo o país daranse cita no municipio para analizar as fórmulas para reinventar un destino turístico, que constituirá o lema desta iniciativa bianual que ten por obxectivo contribuír a mellora do sector turístico a través da reflexión colectiva e o intercambio de opinións e experiencias.
Entendemos que se trata dun evento de referencia en Galicia e que ten repercusión no resto de España xa que se celebra nun destino fortemente comprometido co turismo, cuns recursos, unha historia e unha oferta incrementada de xeito exponencial nos últimos anos grazas ao esforzo conxunto da empresa privada e a Administración pública, comentou a concejala delegada desta área, Almudena Aguín.
Ao longo de dúas xornadas os participantes nesta actividade expoñerán a través de relatorios e mesas coloquio, que se desenvolverán en horario de mañá e tarde, información relevante de cara a mellorar a rendibilidade das empresas turísticas, especialmente en época de crise económica, así como aquela que sirva de apoio para a sostenibilidade dos destinos.
A celebración deste encontro estará marcada tamén pola organización da Gala do Turismo de Sanxenxo, que se desenvolverá o xoves día 29 no Hotel Talaso Sanxenxo, e no que os empresarios turísticos entregarán o Premio Turismo de Sanxenxo 2014.
Tal e como explicaron desde a organización, os destinatarios do foro son tanto os empresarios do sector de aloxamento, restauración, viaxes, intermediación e lecer, como os emprendedores, planificadores e técnicos en turismo, estudantes, diplomados e licenciados con orientación académica centrada na actividade turística.
A empresa mixta, integrada polo Concello de Sanxenxo e o CETS, abrirá o luns o prazo de inscripción gratuita aínda que obligatoria para todas aquelas persoas que desexen sumarse a esta acción, quen terán que anotarse antes do mércores 28.
Turismo de Sanxenxo difundirá toda a información do foro na súa páxina web, nas redes sociais e a través do correo electrónico.