Incautan unha arma de fogueo nun control da Policía Local
Por Redacción
Unha patrulla da Policía Local interceptou á 01:15 horas do 29 de abril, na avenida de Vigo, un turismo Nissan modelo Micra de cor branca de matrícula portuguesa cuxos ocupantes se mostraron moi nerviosos ante a presenza do vehiculo policial.
Ante esta reacción, os axentes procederon a dar o alto ao vehiculo á altura de Cabanas, en Salcedo.
Segundo informan dende a Policía Local, no interior do coche, os axentes encóntrase útiles para o consumo de substancias estupefacientes. Ademais no maleteiro había unha roda dun vehículo con lamia de aleacción con anagrama de Opel, así como dúas mochilas de cor negra en cuxo interior portaban diversas ferramentas, tales como martelos, maza, chaves fixas, desaparafusadores, punzóns, cisallas ou luvas, entre outras cousas.
Un dos ocupantes portaba ademais unha pistola de fogueo da marca Walter P88 Compat, modelo P88-35, co seu cargador con sete balas e unha na recámara, así como un spray de pementa da marca Sabre.
As armas foron comisadas polos axentes e os ocupantes do vehículos trasladados a Comisaría para a súa identificación.