Combarro contará cunha oficina permanente de turismo na Casa da Cultura
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A Deputación de Pontevedra en Combarro unha oficina de turismo permanente en colaboración do Ateneo Corredoira.
Así o anunciou a institución provincial tras reunirse con responsables do Ateneo.
A oficina de recepción de visitantes estará situada no edificio da Casa da Cultura, propiedade da Deputación, dando servizo a un conxunto histórico que é un dos destinos turísticos máis visitados da provincia.
Segundo apunta a administración pública para xustificar esta decisión, o Concello de Poio encóntrase no quinto lugar por número de pernoctacións no destino Rías Baixas.