Educación viaria para futuros condutores
Por Redacción
Este luns, a Policía Local de Pontevedra comeza as súas charlas sobre Educación Vial en centros educativos. A primeira sesión nun centro de secundaria estará dirixida a 130 alumnos de 4º da ESO e de 1º de bacharelato ás 17:25 horas no IES Sanchéz Cantón.
Nas próximas semanas desenvolveranse catorce charlas co obxectivo de formar aos menores en materia de seguridade vial para previr accidentes de tráfico, coñecer situacións de risco e concienciar os máis novos da necesidade de utilizar elementos de seguridade, ademais de dar a coñecer as consecuencias dos actos irresponsables.
No plan tamén se incide na formación do condutor de ciclomotores para facer un repaso sobre a documentación que deben portar, os cascos homologados, os seguros e como actuar en caso de sinistro en accidentes de tráfico.
En Educación primaria a sesión iniciarase este luns 19 no Colexio público de Monte Porreiro e no de San Andrés de Xeve para alumnos de 5º curso centrándose nas prácticas como peóns e como condutores de bicicleta e karts.
Educación Especial
Durante a pasada semana, a Policía local realizou tamén unha actividade de educación vial dirixida a persoas de Educación Especial dos centros Xoan XXIII e Príncipe Felipe coa participación de 57 alumnos.
As sesións contaron cunha actividade práctica no parque de Mollabao con bicicletas adaptadas a estas persoas con dificultades. Nestas xornadas, os alumnos aprenderon pautas para desprazarse por itinerarios seguros e identificar situacións de risco.
Educación viaria para embarazadas
E todos os últimos martes de mes, o centro Ambulatorio da Parda acollerá ás 11:30 da mañá clases de educación viaria para embarazadas. A primeira sesión será impartida o martes 27 de novembro. Tamén poden participar familiares e coidadores do nenos en idade infantil en uso de sistemas de retencións.