Un condutor fúgase tras atropelar unha moza en Portonovo
Por Redacción
Segundo publica o Diario de Pontevedra, unha moza resultaba ferida cando se encontraba nos arredores da discoteca Canelas na madrugada do domingo 18 ao ser atropelada por un vehículo cuxo condutor fuxiu ante a sorpresa das persoas que se encontraban na saída do local.
Polo momento, a Policía Local de Sanxenxo continúa investigando para intentar localizar o condutor e a moza atropelada foi trasladada a un centro hospitalario de Pontevedra.
Segundo testemuñas presenciais, a moza foi golpeada cando cruzaba nun dos pasos de peóns situados na estrada PO-308, entre Sanxenxo e O Grove.