A Audiencia de Pontevedra xulgará dous homes acusados de abusar sexualmente dunhas nenas
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A Sección Cuarta da Audiencia provincial de Pontevedra ten previsto xulgar o próximo día 29 a dous homes acusados de abusar sexualmente dunhas nenas.
Segundo informan dende o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no primeiro dos casos trátase de dous delitos continuados de abuso sexual a menor.
O fiscal pide seis anos de prisión para un home que abusou presuntamente durante anos das netas da súa parella sentimental. Segundo o escrito de cualificación do fiscal, masturbábase en presenza das menores, pedíalles que o masturbasen e facíalles tocamentos.
O outro caso que se xulgará este martes 29 é por un delito continuado de agresión sexual. O fiscal pide 17 anos de prisión para un home ao que acusa de ter mantido relacións sexuais coa filla menor da súa parella sentimental, que está declarada xudicialmente incapaz e ten diagnosticado un atraso mental. Presuntamente contaxiouna ademais unha infección de transmisión sexual.