A pontevedresa Rocío Baquero e Abel Casal, campións galegos de baile de salón
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A parella de baile de salón formada por Rocío Baquero de Pontevedra e Abel Casal de Vigo, pertencentes á escola de baile Arte&Danza, logrou revalidar o seu primeiro posto no campionato galego na categoría Youth (menores de 16 anos) de bailes latinos.
O campionato disputábase o domingo 13 de abril en Narón. Xa o pasado ano lograban gañar na final celebrada en Santiago de Compostela.
Esta parella de mozos, imbatida en Galicia, competirá no mes de xuño no Campionato de España nesa mesma categoría.