O 1 de decembro comezará a funcionar o Centro de Alzheimer
Por Oskar Viéitez
O 1 de decembro empezará a funcionar o Centro de Alzheimer. Polo menos, esa é a previsión marcada pola Xunta para a firma do convenio do primeiro centro público para enfermos de alzhéimer e outras dolencias neurodexenerativas de Pontevedra situado no Gorgullón.
O novo concurso aberto pola Consellería de Traballo e Benestar reduce a un ano o prazo de concesión e reduce a 25 as prazas dispoñibles. ÿ un concurso negociado coa Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e outras demencias (Afapo), o Grupo Geriatros e Sacendi SL.
Para dar "garantía financeiras" ás firmas concesionarias a Xunta descartou a súa intención inicial de entregar a xestión durante tres anos convocando fai unhas semanas un segundo concurso únicamente por 13 meses.
Concretamente a concesión establécese entre o 1 de decembro próximo e o 31 de decembro de 2013. Contemplando unha posibilidade de prórroga por unha duración máxima de cinco anos.
O orzamento máximo de 333.454,39, euros, dos que o 85% aportaríaos a Xunta e o resto, os usuarios.
A mesa de contratación comunicará a súa decisión nuns días.