Rompen dúas fiestras dunha casa de Vilaboa e lévanse xoias e aparatos electrónicos
Por Redacción
A Garda Civil mantén aberta unha investigación para dar cos autores dun roubo con forza rexistrado o Venres Santo nunha vivenda de Vilaboa. Os propietarios saíron para unha breve escapada vacacional e, cando regresaron, entráranlle na casa e notaron a falta de xoias e aparatos electrónicos.
A vivenda afectada está situada no lugar do Toural, na estrada N-554, nas proximidades da Casa do Concello. Ao lugar xa acudiron axentes da Policía Xudicial da Garda Civil de Cangas para recabar probas e comprobaron que para acceder á casa, os ladróns fracturaron dúas fiestras.
Os propietarios da casa acudiron ao día seguinte, o sábado día 19, á Garda Civil para denunciar o sucedido. Na denuncia non concretaron o valor do sustraido, pero si detallaron que eran xoias valiosas, un teléfono móbil, un ordenador portátil e un televisor.
Segundo explicaron, os ladróns non se levaron diñeiro en efectivo e deixaron o interior da vivenda revolto. De feito, decatáronse do que acontecía cando chegaron á casa e a encontraron desordenada.