Arde unha chabola e unha caravana en O Vao
Por Oskar Viéitez & Diego Torrado
Os medios de extinción empregaron varias horas na madrugada deste martes en apagar un lume que se iniciou preto do poboado do Vao, no termo municipal de Poio. O incendio calcinou unha chabola e unha caravana.
Tras recibir a alerta dun particular ás 02:50 horas desta madrugada, o 112 Galicia, de inmediato, pasou aviso aos medios de extinción da zona, pois, segundo comunicou o alertante, había unha pila de escombro e lixo acumulados que podía pasar ao monte.
Ademais, dende o Centro de Atención ás Emerxencias se avisou tamén aos Bombeiros de Pontevedra e aos do Salnés, así como, á Garda Civil, á Policía Local e a Protección Civil de Poio.
Finalmente, o lume quedou extinguido, aínda que a primeiras horas desta mañá, os axentes da Policía Local comunicaron ao 112 Galicia que unha pequena parte se podía estar reavivando.
Efectivos de Protección Civil de Poio continúan no lugar arrefriando a zona.