Todos de estrea para o Domingo de Ramos
Por Oskar Viéitez & Diego Torrado
Coa procesión de "La Borriquita" arrancou a Semana Santa pontevedresa enchida de arraigadas tradicións, ben sexa ritos, gastronomía ou de vestimenta.
Respeto a esta última, este domingo resultaba estraño encontrar un só veciño na Praza da Ferrería que non estrease roupa. De calcetíns para arriba a estampa era de escaparate.
Xeración tras xeración os máis veteranos cumpren a súa particular vinganza cos pequenos da casa vestindo os nenos con extravagantes pololos, lazos imposibles, zapatitos de charol e vestidos de cor pastel. E para que perdure esta afronta inmortalízase o recordo con terribles fotografías. Xa lles tocará a eles a revancha cos seus netos. Así pegan con tanta rabia os rapaces á borriquita.
Polo menos este ano acompañou o sol durante a bendición xeral das Palmas e os Ramos dende o adro de San Francisco.