Os xardíns da Praza de España, a punto
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Despois de varios meses de traballo, o departamento de Parques e Xardíns concluíu os traballos de remodelación dos xardíns da Praza de España.
Este venres está previsto retirar o valado que rodea a zona permitindo o libre paso de peóns.
Durante todo este tempo os operarios melloraron a drenaxe do terreo e os paseos de xabre para facilitar a evacuación de auga nos días de chuvia e procederon a plantar árbores e setos, ademais de colocar diversos bancos.
Como fondo para o novo xardín plantouse céspede e cun sistema de rego automático.
Esta actuación inclúese dentro dun proxecto máis amplo xunto a melloras no parque das Palmeiras, Alameda ou no paseo de Monteiro Ríos por valor de 150.000 euros.