Durante a madrugada deste domingo 30 haberá que adiantar os reloxos unha hora
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Na noite deste domingo 30 cambiarase a hora. Como é habitual, ao iniciarse o último domingo de marzo tense que adiantar a hora pasando das 2:00 da madrugada ás 3:00 horas.
Este cambio responde a unha decisión de aforro enerxético, de maneira que cada primavera se perde unha hora, que volverá ser 'recuperada' dentro de seis meses.
Segundo expertos médicos, o cambio non afecta á saúde nin ao benestar. Non obstante, hai cidadáns que recoñecen que sofren cambios de humor e unha sensación similar á que se experimenta co jet lag nos voos.