Novas luminarias de baixo consumo para o polígono do Campiño
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O Concello de Pontevedra comezou a substituír as luminarias do Polígono do Campiño para reducir o consumo enerxético neste parque industrial. Cámbianse os actuais 140 puntos de luz por outros de baixo consumo (de sodio) coa instalación de equipos de redución enerxética e a instalación de reloxos astronómicos, para que se activen e apaguen en función da luz solar.
O aforro que se estima será do 55% no consumo, segundo as estimacións dos técnicos, que con mantenimientos e novas tecnoloxías conlleverá que o Concello aforre ao redor de 10.000 euros ao ano.
Esta intervención inclúese dentro do plan de aforro enerxético nas vías de entrada á cidade e nos barrios de Monte Porreiro, A Seca e o centro urbano da parroquia de Ponte Sampaio.