Día extra carnavalesco en San Xulián
Por Redacción
A golpe de domingo 23 de marzo Marín volveuse encher de disfraces e comparsas coa celebración do Entroido de San Xulián.
Un total de cinco comparsas e catro agrupacións participaron nun desfile que partiu da barriada de San Pedro para chegar ata o Adro de San Xulián, onde os asistentes gozaron dunha merenda.
Os actos estiveron organizados por 'Os da Caña' coa colaboración de Concello de Marín e a Comunidade de Montes de San Xulián.
Os anfitrions contaron coa presenza doutros grupos como Os Paparrulos (Marín), Os Canecos (Poio), Clave de Sol (Poio), Flores de Carnaval (Monte Porreiro), ANPA de A Laxe, La Gatonera de San Pedro, Os Miúdos (Arcade) e '!Que Juai¡ Chegou Hawai', ademais da animación musical de Dj Peke 1.27.