Ferida unha persoa nun atropelo en Pontevedra e outra nunha saída de vía en Marín
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Unha persoa resultou ferida este venres nun atropelo rexistrado pasadas as 9,00 horas na rúa Cobián Areal en Pontevedra.
Segundo datos facilitados polo 112, unha ambulancia asistencial trasladou a persoa ferida ao Hospital Domínguez.
Sobre as 6,58 horas sucedeu unha saída de vía na estrada PO-11 ao seu paso polo termo municipal de Marín. O condutor, un varón de 34 anos, foi atendido no lugar do accidente por unha ambulancia medicalizada, pero non necesitou ser trasladado a un centro sanitario.