Os populares deciden levar ao pleno a "estafa política" do Concello co recibo da recollida de lixo
Por Oskar Viéitez
O voceiro do PP no Concello, Jacobo Moreira, anunciou este mércores que levará ante o pleno municipal da semana que vén a decisión do goberno local de non pagar a suba do canon pola recollida de lixo proposta por Sogama e, pola contra, seguir cobrándoa aos veciños.
Moreira cualificou de "estafa política" o anuncio feito polo concelleiro Raimundo González e anunciou que solicitará un informe a Intervención Municipal sobre a legalidade da decisión e demandará que, en calquera caso, o recibo pola recollida de lixo se manteña nos baremos do pasado exercicio 2013.
O voceiro popular anunciou tamén que o seu grupo interpelará ao alcalde no pleno do vindeiro luns para que aclare que lei lle ampara para permitir que a compañía Elsamex, concesionaria do mantemento e conservación dos xardíns municipais ata o pasado 28 de febreiro, "siga trabajando sin contrato".
O concelleiro reiterou que a explicación ofrecida no seu día pola concelleira Anxos Riveiro, dunha suposta prórroga tácita "contradice explícitamente los informes de Secretaría incluidos en el controvertido expediente que existe en el Ayuntamiento sobre este servicio". Neste sentido, o Partido Popular cuestionou en varias ocasións a limpeza das prórrogas concedidas á multinacional en medio das advertencias de irregularidades por parte dos técnicos municipais.
Ademais, na sesión plenaria o PP pedirá que se regule "el uso de las fachadas de los edificios municipales para la colocación de pancartas", trasladará distintas demandas dos veciños de Marcón e solicitará a creación dunha comisión de seguimento que aclare o estado do convenio urbanístico asinado hai oito anos coa Once. Así mesmo, os concelleiros populares interesaranse polo contrato de Cespa, o proxecto de instalación dunha pista de skate, a "chapuza de la obra de peonalización de la calle de Benito Corbal" e a licitación do quiosco da avenida de Marín.
Relacionadas:
-
Unha nova sentenza obriga o Concello a pagar 1,2 millóns de euros a Sogama
Por Redacción |
-
O goberno bipartito de Pontevedra sela as fisuras abertas polo 'tasazo' de Sogama
Por Oskar Viéitez |
-
A xestión do 'tasazo' de Sogama enfronta ao BNG e ao PSOE no goberno local
Por Redacción |
-
Pontevedra leva ao Tribunal Constitucional o seu preito polas facturas de Sogama
Por Alejandro Espiño |
-
Moreira esixe a Lores saber se Pontevedra seguirá tratando os seus residuos en Sogama
Por Redacción |