Feridos os dous ocupantes dun turismo que chocou frontalemente contra un camión en Vilagarcía
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Dúas persoas resultan feridas nun accidente de tráfico á altura do número 11 da avenida de Rosalía de Castro.
Segundo informou o 112, ás 11:50 horas deste luns o condutor dun Renault Megane perdeu o control do vehículo invadindo o carril contrario ata colisionar frontalmente contra un camión cisterna que circulaba en sentido contrario.
Os dous ocupantes do turismo, unha parella duns 70 anos de idade, resultaron feridos e foron trasladados por unha ambulancia do 061 ao Hospital do Salnés. O condutor do camión resultou ileso.