Denuncian a vertedura de entullos nas proximidades ao cemiterio de Santa Cristina de Cobres
Por Redacción
A Comunidade de Montes de Santa Cristina de Cobres (Vilaboa) denuncia a aparición dunha vertedura de entullos de obra nas proximidades ao vial próximo ao cemiterio da parroquia. Esta vertedura apareceu nunha parcela do monte comunal no que, fai pouco máis dun ano, acometéranse traballos de mellora ambiental, nos que os comuneros investiron preto de 6.000 euros.
Os traballos de mellora nesa parcela consistiran no soterramento do entullo que sobrara das obras de reparación da N-554 e na planta de cincuenta árbores autóctonas como castiñeiros, cerdeiras e nogueiras. Na plantación participaran alumnos da escola infantil de Barciela.
A xunta reitora da Comunidade de Montes reclama á administración que poña todo o empeño na erradicación destas prácticas investigando a procedencia e sancionando de xeito taxativo estas prácticas ilegais.
Segundo denuncian dende este colectivo, nos últimos días os comuneros de Santa Cristina de Cobres tiveron que asumir os gastos de limpar entullos de obra nunha parcela de monte comunal lindante coas comunidades de montes de San Adrián e Santomé na zona de Castiñeiras.