Comeza o acondicionamento das praias de Marín e a súa posta a punto
Por Redacción
As Concellerías de Turismo e Medio Ambiente do Concello de Marín comezaron a traballar para ter as praias en condicións óptimas de cara á Semana Santa, que este ano coincide a semana do 17 e 18 de abril.
O Concello ten que repoñer as casetas dos socorristas, que algunha foi literalmente esnaquizada polo mar, bancos do vial, o propio vial de praias, as duchas e os baños... as edís responsables Cristina Acuña e Marian Sanmartin, de ambas as dúas áreas, esperan que todas estas reparacións e melloras, tamén sirvan para a renovación tanto da Bandeira Azul que foi xestionada novamente para os areais marinenses, así como a certificación ambiental EMAS,que tamén contribúe a ser un distintivo de calidade e que se conserva dende o concello.
Dende o Concello espérase que o tempo dea unha marxe para poder ir preparando as praias e proceder a ir complementando os servizos e articular os mecanismos para poder contar coas instalacións necesarias o antes posible.