Novas habilidades para novos tempos
Por Redacción
Houbo un tempo no que unha sólida formación era practicamente sinónimo dunha extensa traxectoria laboral. Mais os cambios económicos, sociais e tecnolóxicos do último cuarto de século converteron en fundamentais habilidades como a capacidade de comunicación ou de resolución de problemas.
Non en van, "el éxito profesional depende en un tercio de los conocimientos técnicos y en dos tercios de las capacidades, habilidades e inteligencia", segundo afirmou Antonio Casal, director do Centro de Operacións de Ence en Pontevedra, no acto de apertura do curso Intelixencia emocional, talento e empregabilidade, no que se axudará ao alumnado "a coñecer as súas potencialidades e saber como proxectalas no seu futuro", explicou Antonia Blanco, vicerreitora do campus de Pontevedra.
Dotar aos futuros profesionais dunha formación integral, que vaia máis alá dos coñecementos técnicos e afonde "nos ámbitos persoal, emocional e social tense convertido en algo imprescindible", como salientou Blanco no acto de apertura deste curso na Casa das Campás.
Por iso, actividades formativas como este seminario gratuíto constitúen "unha liña estratéxica para a Universidade", segundo Blanco.
Para que os asistentes a este curso puidesen coñecer de primeira man que é o que valoran as empresas máis alá da formación académica, este acto de apertura completouse cunha mesa de debate na que diversos representantes empresariais salientaron o valor que teñen a empatía, o incoformismo, o traballo en equipo, a resolución de problemas, a capacidade para aprender de cada erro ou habilidades para a comunicación oral e escrita.
Todos eles son valores fundamentales para as empresas nun "mercado cada día más competitivo, en el que hay que buscar la mejora continua, para lo que se precisa las aportaciones de todos", salientou Casal.