As 'andainas' volven co bo tempo para percorrer oito puntos da provincia
Por Redacción
O Concello de Pontevedra pon en marcha unha nova edición das 'andainas', rutas por oito puntos da provincia, que se van desenvolver dende este mes de marzo ata primeiros de maio.
Estas excursións comezarán o domingo 16 de marzo cunha visita a Punta Carreirón na Illa de Arousa e continuará durante os seguintes domingos por lugares como o Salgueiral en Bora; Ponche Sampaio; Monte Lobeira en Vilanova; Campañó; A Canicouva; Lourizán e a senda do Loural en Verducido. Durante o transcurso destas rutas analizarase o patrimonio cultural e xeográfico, ademais da flora e fauna.
O límite de participantes vén imposto polo aforamento no autobús e sitúase en medio centenar de persoas. Os interesados que desexen acudir a estas rutas terán que inscribirse a través do servizo de Medio do Concello de Pontevedra (986804300, extensión 7584) ou a través de andainaspontevedra.wordpress.com