93 pontevedreses conseguiron un traballo grazas a un proxecto de responsabilidade social corporativa
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/080/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/5363d2882b-dc1629.jpg)
© Obra Social "La Caixa"
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/a4d/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/5363d25a6a-dc1630.jpg)
© Obra Social "La Caixa"
O programa de integración laboral da Obra Social "La Caixa", Incorpora, facilitou 93 postos de traballo a persoas en risco de exclusión ao longo de 2013, fronte aos 30 de 2012.
Isto foi posible grazas á implicación de 54 empresas pontevedresas neste proxecto de responsabilidade social corporativa e á colaboración de catro entidades sociais (Fundación Erguete Integración, Igaxes3, Cogami, e Feafes Galicia), encargadas de desenvolver Incorpora na provincia de Pontevedra.
Esta tendencia á alza, mesmo na actual conxuntura económica, pon de manifesto que, a través do programa, as empresas encontran unha vía para contribuír á mellora do seu ámbito máis inmediato. Isto permítelles, ademais, contribuír a paliar, na medida das súas posibilidades, unha das problemáticas sociais que máis preocupan aos cidadáns: o paro.
En definitiva, Incorpora ofrece ás empresas un servizo gratuíto de asesoramento e acompañamento en accións de responsabilidade social corporativa, neste caso centradas na integración laboral de persoas en situación de vulnerabilidade.
Este programa de integración laboral, en marcha dende 2006, diríxese prioritariamente a persoas con discapacidade, parados de longa duración, exreclusos, inmigrantes, mozos en risco de exclusión e vítimas da violencia de xénero, entre outros colectivos.