Un autobús atropela un ciclista na Praza de Galicia
Por Redacción
Un autobús atropelou un ciclista en Pontevedra. O suceso tivo lugar na Praza de Galicia ás 15:44 horas, segundo informaron fontes do 112.
O autobús viaxaba baleiro neses momentos.
Ata o lugar dos feitos acudiron axentes da Policía Local e unha ambulancia de Urxencias Médicas que trasladou ao ciclista ata un centro sanitario.