O verán practicamente foise e Marcial Outeda e Jesús Fontanes cóntannos como foi. Con moita retranca como non podía ser doutra forma tratándose do podcast 'Boomer o último'. Pecharon a anterior tempada cun programa que rememoraba os meses estivais dos seus anos máis mozos e abren a actual cuns cuantos bocados deste.
Pasaron por moitos concertos e como non podía ser doutra forma neles, coas súas correspondentes anécdotas con artistas, emprazamentos, ou cos seus acompañantes... Falan tamén de titulares que deixaron estes meses como algunha tendencia viral con piñas.
Arrincan forte esta terceira tempada, tanto, que están inmersos no estudo, de que?, terás que escoitar a Jesús e Marcial para saber en que aventura embarcáronse. Posibilidades teñen e moitas. Seguímoslles a pista. Ánimo rapaces!, bo... ánimo boomers!
O capítulo está dispoñible para escoita e descarga na web de PontevedraViva Radio e tamén se pode reproducir desde a ligazón adxunta.