Prevista a renovación do equipamento do ximnasio do Centro Deportivo Municipal
Por Redacción
O Concello de Marín vén de iniciar o proceso de licitación para a adquisición de novo equipamento destinado á zona de ximnasio do Centro Deportivo Municipal. Esta renovación, valorada en case 25.000 euros, será posible grazas a unha subvención outorgada pola Deputación de Pontevedra.
A actualización do material deportivo responde a unha das principais demandas das persoas usuarias da instalación.
Entre o novo equipamento a adquirir figuran:
- Dúas bicicletas elípticas
- Unha stair claimber
- Dúas máquinas de remo
- Estanterías para mancuernas
- Soportes para pesas
- Diversas unidades de pesas de distintos pesos
- Pratos olímpicos
- Barras olímpicas normais e hexagonais
- Xogos de mancuernas
- Cordas para TRX
As empresas interesadas en participar na licitación dispoñen dun prazo de 5 días hábiles para presentar as súas ofertas a través da Plataforma de Contratación do Sector Público.
Esta mellora súmase á recente renovación da piscina do centro, na que se realizaron obras para solucionar problemas estruturais, principalmente na cuberta e nas filtracións.