Este xoves abre o prazo para solicitar a instalación de mesas na Festa Corsaria de Marín
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A Festa Corsaria é xa desde hai anos unha data referente no calendario festivo de Marín e de toda a provincia. A historia e a figura de Gago de Mendoza e dos seus corsarios servirá de novo de fío conductor para a diversión que se espera vivir o próximo 17 de agosto, día de celebración da festa. Así a todo, xa desde o día anterior haberá ambiente corsario coa apertura do mercadiño.
A concelleira de Medio Ambiente, Marián Sanmartín, desvelou que este xoves, día 1, abrirá o prazo para poder solicitar a instalación de mesas na rúa.
"Tal e como fixemos noutros anos, respetaranse os espazos que ocupou xente tradicionalmente coas súas mesas, pero temos espazo de sobra e poden solicitarse as que se queiran", explicou a edil, que cre que esta edición seguirá o ronsel exitoso dos últimos anos.
A concelleira explicou tamén que máis cerca da data desveralase o programa completo e daranse máis detalles, tamén do concurso tanto para particulares como para a hostalaría.
Coma sempre, haberá postos e atractivos típicos da época, oficios, música e, por suposto, a recreación nocturna da batalla librada por Gago de Mendoza.
Relacionadas:
-
Un recordo de John Balan e actuacións musicais para celebrar os doce anos do Son de Marín
Por Redacción |
-
Adestramentos de boxeo gratuítos en Marín co Team Thunder
Por Redacción |
-
Marín prepárase para a disputa da undécima edición da +10 Manuel Rosales
Por Redacción |
-
Nove rapeiros de Marín, xuntos nunha nova edición do "Show 369"
Por Redacción |